Buscar     
www.concellodeguitiriz.com
GUITIRIZ
Presentación da alcaldesa
Corporación
Historia
Localización Xeográfica
INFORMACIÓN XERAL
Contacte co Concello
Calendario Laboral
Teléfonos de interese
Centros docentes
Centros Médicos e Farmacias
Policía Local
Voluntariado
DEPORTES
Instalacións Deportivas
Escolas Deportivas Municipais
Calendario
Fotos
CULTURA
Escola de música
Banda Municipal
Biblioteca
Cemit
Uned Senior
Bandos
Actas
Ordenanzas
Impresos e Documentación
Servicios
PAI
Centro de día
Servicio Axuda ao fogar
Presentación do Alcalde
 
Saúdo da Alcaldesa:
Benvidos e benvidas á terra da auga, da pedra, da torta de millo e de …Witerico. 
Acabas de entrar na páxina dun concello chairego singular pola multitude de recursos naturais, patrimoniais e humanos que o conforman.
Contamos con tres fontes de auga medicinal que, segundo a tradición popular galega, teñen curado infinidade de doenzas durante máis dun século. Xente de Lugo, Galiza e de moi lonxe viñeron dende hai moito tempo a Guitiriz para disfrutar dun verán saudable e agradable. A pedra granito que cubre boa parte dos nosos montes foi usada en lugares tan importantes como a Sagrada Familia de Barcelona ou o Parlamento Europeo.
Temos a inmensa fortuna de contar nada menos que cun tramo do Camiño Norte de Santiago, “Patrimonio da Humanidade!”. Todo o noso territorio forma parte da Reserva da Biosfera “Terras do Miño” e estamos incluídos no lugar de importancia comunitaria (LIC) Parga – Ladra – Támoga. Os guitiricenses do século XX foron quen de inventar a loubada e afamada torta de millo que en ningún outro lugar souberon imitar. Os agricultores e gandeiros sempre acadaron unha moi boa calidade nos produtos do campo e da carne que se venderon e venden nos mercados dos mércores en Guitiriz e nas dúas feiras mensuais de Parga.
Pero aínda máis, estamos estratexicamente situados no mapa galego e disfrutamos de estupendas comunicacións que nos permiten chegar axiña ós lugares máis importantes de Galicia: Santiago de Compostela, A Coruña, Betanzos, Lugo, praias paradisíacas e de sona universal como “A Praia das Catedrais”…Onde por certo, podemos chegar en coche, tren e ate dispoñemos dun aeroporto  a pouco máis de media hora.
Dende o Concello queremos chamar a vosa atención para os que se sodes de Guitiriz redobredes a fachenda que nos debe dar unha terra como a que temos a sorte de disfrutar. Se sodes de fóra, que veñades a coñecernos e compartir con nós este agasallo que a natureza e as xeracións pasadas nos fixeron. Non sairedes defraudados e voltaredes a  nós. Encantaríanos que vos  namorase a oferta e vos quedarades a vivir con nós, ¿por que non?.
Regina Polín Rodríguez, Alcaldesa de Guitiriz
 
 
 
 


¿Que ver?
Camiño de Santiago
Espazos Naturais
Aloxamentos e Restauración
Festas
Oficina de Turismo
Sicted