Buscar     
www.concellodeguitiriz.com
GUITIRIZ
Presentación da alcaldesa
Corporación
Historia
Localización Xeográfica
INFORMACIÓN XERAL
Contacte co Concello
Calendario Laboral
Teléfonos de interese
Centros docentes
Centros Médicos e Farmacias
Policía Local
Voluntariado
DEPORTES
Instalacións Deportivas
Escolas Deportivas Municipais
Calendario
Fotos
CULTURA
Escola de música
Banda Municipal
Biblioteca
Cemit
Uned Senior
Bandos
Actas
Ordenanzas
Impresos e Documentación
Servicios
PAI
Centro de día
Servicio Axuda ao fogar
NOVIDADES
PROGRAMA CONTIGO
31/05/2017

~~Concello de Guitiriz
Área de Cultura


PROGRAMA: “Contigo” . Unha axuda para a túa formación.

O Concello de Guitiriz pon en marcha un novo programa de apoio ó público en xeral e en particular a estudantes de todo tipo. Primaria. Secundaria, BAC, Universidade, preparación de oposicións,,…  calquera actividade individual ou en grupo na que se precise un lugar tranquilo con acceso a material bibliotecario ou informático e unha persoa para informar ou axudar.

O programa comeza este xoves, 18 de maio, e durará con este horario ate finais de xuño. A partir desa data continuará   a oferta adaptando o horario á época estival. 
 
O lugar de realización será na Escola Habanera onde se teñen habilitado espazos para traballar diferentes grupos ou persoais individuais e que conta ademais con libros de consulta e libros de lectura para todas as idades. Como queda aclarado no comezo desta información, o programa vai dirixido a todo tipo de usuarios que teñan interés en estudar, facer traballos en grupo, consultar libros,…só se pide comportamento cívico para permitir que os usuarios poidan traballar sen ser importunados por outras persoas.

O horario inicial, que pode ser modificado se os interesados o solicitan, será:
MAÑÁS: martes, mércores e xoves de 10 a 14 horas. Sábados  de  10 a 14 horas.
TARDES: de luns a venres de 16 a 20 horas 

Dende o día 18 tamén se activa o servizo de préstamo de libros. Do mesmo xeito se lembra a posibilidade de traballar na Aula CEMIT (Telecentro) que está aberto de luns a venres entre as 16 e as 20 horas con múltiples cursos e a posibilidade de usar ordenadores libremente.
Lembrar que no edificio da Escola Habanera existe un servizo wifi gratuíto.

A persoa responsable do programa “Contigo” é o novo dinamizador sociocultural, Roberto, contratado a través do Programa Depuemprego, subvencionado pola Deputación de Lugo.


Para contactar pódese facer a través de biblioteca@concellodeguitiriz.com ou no teléfono 982.37.00.62 preguntando por Roberto.


Dende o Concello agardamos que este novo servizo sexa de utilidade para a xente do Concello de Guitiriz e tamén para visitantes
Guitiriz, maio de 2017

 

voltar
¿Que ver?
Camiño de Santiago
Espazos Naturais
Aloxamentos e Restauración
Festas
Oficina de Turismo
Sicted