Buscar     
www.concellodeguitiriz.com
GUITIRIZ
Presentación da alcaldesa
Corporación
Historia
Localización Xeográfica
INFORMACIÓN XERAL
Contacte co Concello
Calendario Laboral
Teléfonos de interese
Centros docentes
Centros Médicos e Farmacias
Policía Local
Voluntariado
DEPORTES
Instalacións Deportivas
Escolas Deportivas Municipais
Calendario
Fotos
CULTURA
Escola de música
Banda Municipal
Biblioteca
Cemit
Uned Senior
Bandos
Actas
Ordenanzas
Impresos e Documentación
Servicios
PAI
Centro de día
Servicio Axuda ao fogar
NOVIDADES
CARMIÑA MIUDIÑA
06/06/2017

~No día do seu aniversario, Carmiña Miudiña inicia unha fantástica viaxe. Carmiña é unha pinga de auga moi miudiña, de cor azul pero cun sorriso moi grande.
Vive nunha nube aló no alto do ceo nunha casiña ben bonita, con xardín e piscina incluida. Alí vive con toda a súa familia: a súa mamá Filomena, o seu papá Filiberto, a súa avoa Filiberta, e os seus irmáns Xurxo e Caterina.
A súa avoa Filiberta foi unha científica moi famosa. Durante moitos anos estudou as propiedades da auga, fixo un montón de experimentos, analizou as augas dos ríos e dos mares, viaxou por moitos países dando conferencias e escribiu moitos libros.
Mesmo estivo na festa de inauguración do Polo Norte! E é por iso polo que, no día do seu aniversario, a súa avoa lle agasalla un paracaídas para poder baixar ao mundo dos humanos e poder facer fantásticos experimentos.
No camiño, diferentes elementos da natureza fan que a nosa Carmiña Miudiña percorra o ciclo da auga. Grazas a esta marabillosa viaxe, Carmiña Miudiña consegue ser unha científica famosa en todo o mundo con tan só seis anos.

O Concello de Guitiriz acolle o vindeiro Venres 9 de Xuño ás 17:30 h na Casa Habanera o conta contos teatral " Carmiña Miudiña"

Contacontos destinado a un público infantil. Gratuíta.

 
voltar
¿Que ver?
Camiño de Santiago
Espazos Naturais
Aloxamentos e Restauración
Festas
Oficina de Turismo
Sicted