Buscar     
www.concellodeguitiriz.com
GUITIRIZ
Presentación da alcaldesa
Corporación
Historia
Localización Xeográfica
INFORMACIÓN XERAL
Contacte co Concello
Calendario Laboral
Teléfonos de interese
Centros docentes
Centros Médicos e Farmacias
Policía Local
Voluntariado
DEPORTES
Instalacións Deportivas
Escolas Deportivas Municipais
Calendario
Fotos
CULTURA
Escola de música
Banda Municipal
Biblioteca
Cemit
Uned Senior
Bandos
Actas
Ordenanzas
Impresos e Documentación
Servicios
PAI
Centro de día
Servicio Axuda ao fogar
NOVIDADES
ACTIVIDADES AULA CEMIT XUÑO E XULLO 2017
23/06/2017

A Aula Cemit de Guitiriz da comezo a partir do 26 de xuño  a unha serie de talleres e cursos dirixidos a nenos/as.
Aproveitando o remate do curso escolar , a aula CEMIT de Guitiriz realizará durante os meses de verán en horario de maña , de 10:00 h a 14:00 h, unha serie de talleres e cursos dirixidos a poboación máis nova, así temos que durante os meses de xuño  e xullo as accións formativas ofertadas son : iniciación á informatica ( do 26 ao 30 de xuño ) , mecanografía ( do 3 ao 12 de xullo), uso de cámara dixital,( do 13 ao 17 de xullo) , uso seguro das TIC ( do 18 ao 21 de xullo) , retoque fotográfico ( do 24 ao 26 de xullo)  e procesador de textos ( do 27 ao 28 de xullo).

A actividade prevista para á última semana de xuño é INICIACIÓN A INFORMÁTICA  PARA NENOS/AS , onde traballarán  aquelas competencias dixitais que deben poseer para un normal manexo do ordenador a nivel usuario básico, en especial no que se refire  a traballar cun sistema operativo.

No curso de MECANOGRAFÍA  procurarase  que os nenos /as acaden unha correcta técnica de escritura en teclado, adquirindo os hábitos e técnicas necesarias para un bo manexo do teclado así como aqueles hábitos posturais  vencellados a principios ergonómicos.

 No taller de USO DA CÁMARA DIXITAL  os /as nenos/as  utilizarán  aquelas cámaras dixitais  ou teléfonos  móbiles  que posúan , realizando fotos de paisaxes, perosas, edificios , lugares de interés , etc, procedendo a continuación a súa descarga nos ordenadores da AULA CEMIT para facer logo , aqueles axustes básicos  empregando o software instalados instalados  nos equipos para que as fotografías melloren a súa calidade .

No taller de USO SEGURO DAS TIC se abordarán aspectos referidos á seguridade informática tales que : seguridade na rede internet, uso de programa para garantir o bo funcionamento do ordenador: antivirus, anti -malware, etc; e a privacidade nas redes sociais.

No taller de  RETOQUE FOTOGRÁFICO  o alumnado utilizará software básico de retoque fotográfico para mellorar a calidade das fotografías  e /ou realizar  diferetnes axustes de iluminaicón e composición.

Finalmente, co curso de PROCESADOR DE TEXTO  os nenos/as  acadarán as competencias para editar e formatear textos básicos , así como engadir  diferentes elementos gráficos como táboas, imaxes, gráficos, etc.

A maiores das actividades programadas , a AULA CEMIT  estará aberta o público  en xeral para que poidan facer uso  das instalacións e equipamentos. Do mesmo xeitos, en todo momento haberá  perosal da ual a disposición do publico para asesoralo sobre calquera  necesidade formativa  ou aspecto referido ao uso de novas tecnoloxías.





 
voltar
¿Que ver?
Camiño de Santiago
Espazos Naturais
Aloxamentos e Restauración
Festas
Oficina de Turismo
Sicted