Buscar     
www.concellodeguitiriz.com
GUITIRIZ
Presentación da alcaldesa
Corporación
Historia
Localización Xeográfica
INFORMACIÓN XERAL
Contacte co Concello
Calendario Laboral
Teléfonos de interese
Centros docentes
Centros Médicos e Farmacias
Policía Local
Voluntariado
DEPORTES
Instalacións Deportivas
Escolas Deportivas Municipais
Calendario
Fotos
CULTURA
Escola de música
Banda Municipal
Biblioteca
Cemit
Uned Senior
Bandos
Actas
Ordenanzas
Impresos e Documentación
Servicios
PAI
Centro de día
Servicio Axuda ao fogar
NOVIDADES
OBRAS NA PONTE DE PORUCELO PÍGARA
05/09/2017

O Concello de Guitiriz inicia as obras de reparación da ponte de Porucelo na parroquia de Pígara esta semana. A inversión é de  29.159,17€ con cargo o canon eólico da Xunta de Galiza.

 
O pasado día 24 de agosto adxudicouse a obra de reparación da ponte de Porucelo sobre o río Ladra na parroquia de Pígara. Esta ponte comunica os barrios de Porucelo e Santa Mariña co resto da parroquia, do Concello e da provincia.
 
Foi adxudicada á empresa OVISA por un importe de 29.159,17€ procedentes da subvención non competitiva da Xunta de Galicia con cargo ó canon medioambiental.
A dirección de obra encargouse á enxeneira de camiños Laura Santalla Castro quen redactou a memoria técnica con anterioridade.
Esta ponte, que permite cruzar o río máis caudaloso que atravesa Guitiriz: O Ladra, foi restaurada no ano 2007 grazas a aportación económica da Xunta de Galiza, pero non se interviu nas bases porque daquela amosaban un bo estado de conservación.
 
Nos últimos anos sufriron un deterioro progresivo os piares por mor das enchentes do río que provocan a erosión das mesmas e desprazan as pedras. O Concello incluiu a obra nos orzamentos deste ano e non puido adxudicala ata contar coa pertinente autorización da Confederación Hidrográfica Miño – Sil.
As obras vanse realizar durante o presente mes de setembro.
 
Advertir á veciñanza e a todos os usuarios desta estrada que non se vai a proceder a cortar ó tráfico só se farán cortes puntuais de pequeña  duración (aproximadamente 15 minutos). Prégase que disculpen as molestias que se poidan causar e, sobre todo, que sexan moi prudentes cando pasen pola zona menras duren as obras
voltar
¿Que ver?
Camiño de Santiago
Espazos Naturais
Aloxamentos e Restauración
Festas
Oficina de Turismo
Sicted