Buscar     
www.concellodeguitiriz.com
GUITIRIZ
Presentación da alcaldesa
Corporación
Historia
Localización Xeográfica
INFORMACIÓN XERAL
Contacte co Concello
Calendario Laboral
Teléfonos de interese
Centros docentes
Centros Médicos e Farmacias
Policía Local
Voluntariado
DEPORTES
Instalacións Deportivas
Escolas Deportivas Municipais
Calendario
Fotos
CULTURA
Escola de música
Banda Municipal
Biblioteca
Cemit
Uned Senior
Bandos
Actas
Ordenanzas
Impresos e Documentación
Actas xuntas de goberno local
Planos inventario de camiños
Servicios
PAI
Centro de día
Servicio Axuda ao fogar
NOVIDADES
FESTIVAL DE NARRATIVA ORAL ATLÁNTICA
04/03/2019

O Concello de Guitiriz será unha das sedes que albergarán actuacións do “ Festival Internacional de narración oral Atlántica” o próximo 22 de Marzo na Escola Habanera. Haberá actuacións destinadas ao publico infantil e familiar e ao público adulto.

Ás 17.30h destinado ao público infantil e familiar “ Contos de medo que dan risa” de Pablo Albo, e “ Contos de hai mil anos … ou máis “ de Angela Goás .

Ás 20:00h. destinado a público adulto “ contos pouco edificantes” de Pablo Albo, e “ O medo é libre “ de Ángela Goás.

Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocación de ser un encontro de voces e historias de perfil atlanticista.
Trátase dun encontro artístico que xunta en Galicia a un amplo elenco de narradores e narradoras de diferentes países do mundo con ribeiras no Océano Atlántico, máis un convidado “doutro” mar. Nestes anos aos artistas do Atlántico, sumáronse contadores de Alemaña, Cuba, Colombia, Perú, Xapón... Atlántica está organizado por un grupo de profesionais do espectáculo e da xestión cultural dirixidos pola actriz e narradora Soledad Felloza.
É unha iniciativa con aportes de entidades públicas é privadas, que procura unha programación cultural integradora e de máxima calidade. E agora, sete anos despois, Atlántica navega por fin por toda a xeografía galega, chegando nesta edición á provincia de Lugo. Moitas das historias que viaxaron polo mundo naceron e medraron nas lareiras das aldeas e vilas da montaña, e coa luz do candil acesa deron a volta ao mundo.
Para Atlántica, atracar na provincia de Lugo supón un fito fermosísimo: xuntar as voces antigas da terra e do mar. Entre os días 20 e 23 de marzo, imos encher de historias os concellos de Lugo, Viveiro, Monforte de Lemos, Guitiriz e A Fonsagrada. Serán 15 de espectáculos onde participarán unha ducia de contadores procedentes de Xapón, Uruguai, Alacante, Madrid e Galicia.
E grazas á colaboración da Deputación e do Concello de Lugo, todas as funcións serán gratuítas. No ano en que Galicia celebra nas letras a Antonio Fraguas e nas artes a Luis Seoane, o festival reparará nas súas figuras, comezando pola cartel, que fai unha chiscadela ao cadro As Mariscadoras. Esta obra, que cumpre 50 anos no 2019, retrata o traballo das mulleres do mar e, co estilo gráfico do festival, queremos recoñecer o seu papel na historia e tradición de Galicia. Contar entraña tamén un traballo de recollida, de selección, de transmisión... para que os froitos rematen apagando a fame de historias que todos e todas temos.

voltar
¿Que ver?
Camiño de Santiago
Espazos Naturais
Aloxamentos e Restauración
Festas
Oficina de Turismo
Sicted
 
 
 
Aviso legal · Política de Cookies · Rexistro de actividades de tratamento