Buscar     
www.concellodeguitiriz.com
GUITIRIZ
Presentación da alcaldesa
Corporación
Historia
Localización Xeográfica
INFORMACIÓN XERAL
Contacte co Concello
Calendario Laboral
Teléfonos de interese
Centros docentes
Centros Médicos e Farmacias
Policía Local
Voluntariado
DEPORTES
Instalacións Deportivas
Escolas Deportivas Municipais
Calendario
Fotos
CULTURA
Escola de música
Banda Municipal
Biblioteca
Cemit
Uned Senior
Bandos
Actas
Ordenanzas
Impresos e Documentación
Actas xuntas de goberno local
Planos inventario de camiños
Servicios
PAI
Centro de día
Servicio Axuda ao fogar
NOVIDADES
FESTIVAL DE NARRATIVA ORAL ATLÁNTICA
20/03/2019

O Festival Atlántica segue a encher de contos a xeografía lucense este venres 22 de marzo, nunha terceira xornada que se desenvolverá nos concellos de Guitiriz, Monforte de Lemos e Lugo grazas á colaboración coa Deputación e o Concello de Lugo. Os artistas protagonistas das seis actuación gratuítas deste día van ser Vero Rilo, Yoshi Hioki, Soledad Felloza, Celso F. Sanmartín, Pablo Albo e Angeles Goás.
No concello de Guitiriz van estar Pablo Albo e Ángeles Goás, que brindarán unha primeira función ás 17:30 horas na Casa Habanera. O alacantino levará ata alí os seus ‘Contos de medo que dan risa’, un espectáculo no que Albo fará aparecer monstros diversos empregando a súa voz, os seus xestos e a súa ollada. Haberá monstros peludos, comedores de netas e de casas, pero non haberá nada que temer porque todos eles serán quen de espertar a gargallada do público infantil. Pola súa banda, Ángeles Goás compartirá cos miúdos os ‘Contos de hai mil anos… ou máis’, historias de outrora, cando os pastores se convertían en reis, os paxaros podían falar, había cabalos voadores e sementes que xermolaban en menos de un día... Eran tempos de encantamentos e feitizos onde non había imposibles.
A partir das 20 horas, tamén na Casa Habanera, será a quenda dos adultos, que terán a oportunidade de gozar cos ‘Contos pouco edificantes’ de Albo, unha colección de historias nas que se mesturan o medo e o riso, as mentiras e as verdades, o sal e a pementa, sen esquecer o humor e un chisco de erotismo. En canto a Goás, a galega vai ofrecer unha sesión de ‘O medo é libre’, contos da vida que falan dos medos que cos que convivimos acotío, que nos moven ou nos paralizan. Así e todo, eles non teñen a última palabra, porque o medo é libre, si..., pero nós podemos decidir que grao de liberdade lle queremos dar.
 
voltar
¿Que ver?
Camiño de Santiago
Espazos Naturais
Aloxamentos e Restauración
Festas
Oficina de Turismo
Sicted
 
 
 
Aviso legal · Política de Cookies · Rexistro de actividades de tratamento