Lateral
Adorno Turismo | ¿Qué podemos ver en Guitiriz? Adorno

BALNEARIO DE GUITIRIZ

Está situado a 800 m do núcleo urbano de Guitiriz.

O descubrimento da Fonte Mínero Medicinal do  Balneario tamén coñecida como “Fonte de dos Santos” ou “Fonte de San Xoán de Lagostelle data de principios do S. XVIII, se ben non empezou a ser recoñecida ata finais deste mesmo século cando o Profesor José Lazcano do Hospital de Santiago comezou a recomendalas o que propiciou que se achegase ata Guitiriz xente de toda Galicia,Asturias e outras zonas de España.

En 1902 as augas do Balneario foron declaradas de utilidade pública. Estas augas son sulfuro sódico fluoradas  e están indicadas  para trastornos hepáticos, doenzas biliares,  e da pel.

Foi fundado en 1908,pero non foi explotado ata 1912 cando D.Víctor Bancaño construíu o hotel. Pouco a pouco a sona do Balneario traspasou fronteiras e entre a súa clientela podíase atopar europeos e hispanoamericanos.

Durante a Guerra Civil o Balneario utilizouse como Hospital de combatentes musulmáns , os que crearon unha Mesquita  nas proximidades do hotel.

En 1972 cerrou as portas para volver ser aberto no 2003, tras unha rehabilitación e modernización das súas instalacións, respectando a súa estrutura orixinal.

Para máis información:
www.hesperia-balneariodegutiriz.com
volver
Adorno
medio
Guitiriz | Concello | Turismo | Parroquias | Espacios | Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio
Proxecto Cofinanciado pola Unión Europea Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria guitiriz núcleo de sostibilidade Plan Xeral do Concello de Guitiriz Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI