Lateral
Adorno Turismo | ¿Qué podemos ver en Guitiriz? Adorno

PAZO DO MARQUÉS DE CAMARASA

Situado na Aldea do Pazo a uns dous km  de Guitiriz. Coñecese tamén como O Pazo Señorial de San Xoán de Lagostelle”.

É unha edificación rectangular de dúas alturas: con muros de cantería e cornixa de pedra, e  cuberta  de lousa.

Destaca na fachada o “ Escudo Familiar” que está dividido en sete partes, onde se poden ver as armas características das diferentes liñaxes familiares.

Adosado ó Pazo, atopase a “Capela da Virxe da Asunción”, construída  en pedra labrada, con espadana e unha porta da que se conserva a súa enorme pechadura orixinal.

No seu interior posúe unha fermosa bóveda de  canón. No seu entallamento lese una inscrición fundacional do ano 1650, que se refire a D. Jacinto de Miranda Barba de Ribadeneira, Señor de Guitiriz.

PAZO DE A PONTELLA

Está situado na Parroquia de Santa Cruz, é coñecido tamén como << Fortaleza de Santa Cruz>>, xa que o edificio cumpleu  á vez cunha función defensiva.

Este Pazo data do ano 1520, pero foise transformado en varias ocasións, no ano 1680 e no S. XVIII.

Posúe un aspecto bastante hermético dada a súa función defensiva, con fachadas de pedra de granito formando baluartes en tres esquinas, e apenas vanos e ocos.
Se nos fixamos nos seus muros darémonos conta  do seu estratéxico sistema de defensa cunhas troneiras preto das ventás e das portas, é dicir , unhas aberturas nos seus  muros polas que disparar con armas de fogo longas.

A Cheminea do tellado, con aspecto de pequena atalaia con puntiagudos remates,  enfatiza este caracter defensivo e contribúe a darlle ese aspecto de fortaleza infranqueable.

Destaca tamén unha gran balconada , un reloxo de sol  e o “Escudo de Armas”,  dividido en catro partes con media lúa, corazón, bota e unha espada, por riba a cruz de San Martín e as armas dos Varela; todo elo rodeado dunha inscrición de 1823 polo que o Rei Fernando VII concedera dito escudo a D. Juan Varela, escribán seu.

Neste Pazo consérvanse Esculturas realizados polo propietario e os seus antepasados, pinturas, colecciones de libros antigos, bandeiras e chaves e incluso unha Ara Romana dedicada ós “Lares Viales”.

PAZO DE CASANOVA

O recinto está amurallado, cun portalón que lle da acceso ó patio de entrada.

O Edificio Principal é de planta rectangular a dúas alturas con soportal na planta baixa e solaina na superior, fabricado en pedra labrada de granito e cuberta con lousa a catro augas.

Ten unha enorme cheminea e un Escudo de Armas  na fachada principal, divido  en catro partes con: aguia corada, <<M>> coroada dos Montenegro, <<M>>sobre tres peixes de Os Gayoso, e escúdete con tres bandas horizontais.

Ademais conta con outras edificacións : lavadoiro, hórreo, fonte, casa de caseiros, cobertizos, cruceiro e Capela.

volver
Imagen
medio
Guitiriz | Concello | Turismo | Parroquias | Espacios | Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio
Proxecto Cofinanciado pola Unión Europea Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria guitiriz núcleo de sostibilidade Plan Xeral do Concello de Guitiriz Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI