Lateral
Adorno Concello | Alcaldía Adorno

Quero dar a benvida a todas e todos os visitantes da web oficial do Concello de Guitiriz, na que se pretende establecer un canal de comunicación directo, permanente e completo que permita unha maior participación dos cidadáns para conseguir unha administración local dinámica, atenta ás necesidades e aberta ás reivindicacións,suxestións e comentarios dos veciños.


Despois de máis de 30 anos como empresario comeza unha nova etapa na miña vida na que os veciños me deron a oportunidade de poder contribuír á modernización, mellora e conseguir un futuro mellor para o pobo que me viu nacer. Estou seguro de que co apoio de todos conseguiremos ese obxectivo.

Desexo que esta web permita a tódolos visitantes coñecer un pouco mellor a nosa historia, e a riqueza cultural, patrimonial e paisaxística e gastronómica do noso concello.

 O Alcalde
 Xosé Mª Teixido Núñez

medio
Guitiriz | Concello | Turismo | Parroquias | Espacios | Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio
Proxecto Cofinanciado pola Unión Europea Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria guitiriz núcleo de sostibilidade Plan Xeral do Concello de Guitiriz Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI