Está situado a 2,5 km do núcleo Municipal, no lugar de Pardiñas. A súa inauguración data do ano 1955 aínda que as súas augas xa se aproveitaban de antes, de feito durante a posguerra xa se acercaba moita xente a beber as augas da “Fonte de Sto. Domingo” que por aquel entonces brotaba cun escaso caudal entre as pedras. As súas augas tamén foron declaradas de utilidade publica.

A Fonte (cunha figura dun peixe enriba dela) está situada nun pequeno edificio de planta rectangular,cun tellado a catro augas  rodeado de arbores de diversas especies. As augas, son sulfuro sódico fluoradas e están indicadas para afeccións hepáticas, doenzas biliares e do aparato dixestivo.