Benvidas e benvidos ó noso Concello.

Esta é a páxina dun concello da Terra Chá, o “Concello da Pedra e da Auga”, con innumerables recursos patrimoniais e naturais, pero si se distingue por algo e polas súas xentes. Xentes que medraron acollendo nas súas casas ós “augueiros”, que acudían dende a provincia, dende Galicia e dende moito máis lonxe para gozar dos beneficios curativos das nosas augas. Temos tres fontes de augas medicinais no noso concello.

A Pedra que podemos atopar en gran parte do noso territorio tamén viaxou máis aló dos límites de Guitiriz, sendo empregada en grandes obras incluso fora das fronteiras do noso país. E xunto coa auga  a pedra é a nosa sinal de identidade.

O Camiño Norte de Santiago “Patrimonio da humanidade” atravesa o noso Concello. O noso territorio forma parte da Reserva da Biosfera “Terras do Miño” e estamos incluídos no Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Parga – Ladra – Támoga.

A torta de millo, produto típico da nosa terra, foi inventada polos guitiricenses do século XX, en ningún outro lugar foron capaces de imitalo. Dende sempre toda a produción da nosa terra é de calidade moi demandados en tódolos punto de venta.

A cultura tamén ocupa un lugar relevante no noso concello , aquí naceu o  poeta Díaz Castro, e tamén é o berce dun festival emblemático: o Festival de Pardiñas que neste ano 2019 chega á súa edición número 40.

 A Feira dos Callos e da Cantaría de Parga tamén é unha sinal  de identidade do noso Concello.

Estamos estratexicamente situados, cerca de Lugo, de Santiago e da Coruña, a tan solo media hora dun aeroporto.

Por todas estas razóns e moitas outras anímovos a que veñades a coñecer o noso concello e si estades pensando en trasladar a vosa residencia, que consideredes seriamente vivir no noso pobo, Guitiriz, porque é un lugar agradable para desenvolver a vida de calquera familia.

Marisol Morandeira Morandeira, alcaldesa de Guitiriz.