A etapa do Camiño Norte de Santiago que pasa polo Concello de Guitiriz é a Nº 31,dende Baamonde a Sobrado. Unha das máis longas se se fai nunha sola xornada, xa que son 41,3 km. Moitos peregrinos solen acurtar a etapa e van dende Baamonde a Miraz (Friol). Ao seu paso por Guitiriz o peregrino comeza a súa andaina no lugar da Lamela en Pígara, e continúa cara Baamonde (Concello de Begonte) para continuar por terras de Guitiriz ata o lugar de San Alberte (parroquia de Sambreixo).

No entorno de San Alberte o peregrino ten que cruzar a ponte medieval do mesmo nome para chegar a unha fraga, onde se vai atopar cunha capela de estilo medieval e unha fonte que segundo conta a tradición popular é boa para aquelas persoas que teñen problemas coa fala. A entrada de Bandoncel xiramos a mao esquerda para tomar unha pista asfaltada que nos leva a aldea de Caínzos. A saída de Caínzos tomamos de fronte un sendeiro entre o bosque nos leva ata Digañe, xa na parroquia de Santa Leocadia que nos leva ata Raposeira. 

Moi preto de alí atopase, no lugar de Carballedo, o Punto de Apoio a Peregrino e albergue. Dende aquí o camiño continúa xa por terras de Seixón, xa no Concello de Friol. Podemos desglosar a etapa da seguinte forma:

  • Baamonde - San Alberte (Sambreixo): 4 Km.
  • San Alberte - Carballedo (Sta Leocadia): 6 Km.
  • Carballedo (Santa Leocadia) - Miraz (Friol): 6 Km.
  • Miraz (Friol) - Sobrado dos Monxes: 26 Km.

O Camiño Norte de Santiago ven de acadar a declaración de Patrimonio da Humanidade, xunto có Camiño Primitivo, declaración que lle otorgou a Unesco en Xullo de 2015.

ALBERGUES NESTA ETAPA

ALBERGUE DE BAAMONDE
Ctra. Vilalba,9 - Baamonde - Begonte
Nº de Plazas:94
Tlf: Carece de telefono de atención al peregrino

CAFÉ E ALBERGUE RURAL "WITERICUS"
Nº de Plazas: 9.
Lgar. Carballedo, s/n - 27380 - Santa Leocadia
Tlf: 678 415 728
E.mail: witericus@witericus.com
www.witericus.com