A capela de San Alberte e o seu entorno, é un dos sitios de visita obrigada se vides a Guitiriz. O espazo natural onde está situada e a fermosura do seu Santuario fan deste sitio un lugar idílico. Se lle botamos un pouquiño de imaxinación, este entorno parece remontarnos a Idade Media e facernos sentir como un protagonista de Robin dos Bosques.

Está situada na parroquia de Sambreixo, con fácil acceso dende a N-VI pola ponte gótica do mesmo nome, moi preto da vía férrea. O estilo da capela é Gótico, algúns autores como Ángel Castillo sitúana no século XIV, aínda que outros considérana do século XIII.

A Fachada Principal é do S. XIII, no que destaca  a porta de arco alintelado. A porta lateral dereita é a orixinal e ten un sinxelo arco de medio punto sen ornamentación e algo apuntado. No seu exterior destacan os oito grandes contrafortes, que lle dan un aspecto maxestuoso.

No exterior, ó lado do muro que rodea o atrio, está unha fonte realizada  en sillares de cantería. Ten dos canos rematando en forma case triangular  con ornamentación de labra na pedra. A tradición popular conta, que as súas augas teñen poderes curativos para solucionar os problemas da fala.