Está situada no lugar do mesmo nome, na Parroquia de San Salvador. Nun principio o Santuario era unha Capela e nos S.XII-XIII reformouse converténdose posteriormente en Ermida, de construción Románica do que aínda queda boa mostra no edificio actual, que foi agrandada no S. XIV.

Na Capela fixéronse modificacións posteriores xa que a comezos do século XVIII (1705, no pleno barroco, os Señores de Guitiriz e Baamonde, movidos pola gran devoción que había entorno a Ermida, decidiron ampliar o edificio). A edificación comprende nave, prebisterio e sancristía. Na parte alta do Pórtico houbo unha vivenda para o  ermitaño cá atendía. A Porta principal ten un arco de medio punto do S.XVI. Do interior destaca o Retablo principal do primeiro terzo do S. XVII e foi restaurado polo creador Ovidio Escolante de Guitiriz. Está decorado con motivos naturalistas e xeométricos.

Hoxe o Santuario tamén é museo onde se poden observar imaxes da Virxe do S.XVI, San Xosé e Santo Apóstolo do S.XVIII, escudos, obxectos litúrxicos así como vestimenta relixiosa. A redor do Santuario permanecen expostas obras realizadas polo Taller de Cantería de Xermolos, que constitúen unha especie de museo o aire libre.