A “Carballeira de Parga”, esta situada na vila que leva o mesmo nome. Este espazo natural esta situado a beira do río Parga, ideal para observar a vexetación característica das ribeiras, e se teñen paciencia aínda poden ver algunha troita.

A Carballeira posúe varias mesas de pedra, onde poder disfrutar dunha boa comida campestre. E moi típico ir a comer alí o día da Feira dos callos e cantería, ese día a carballeira esta chea de comidas e merendas familiares.

Ademais preto da carballeira está o CIT, que o un sitio idóneo para facer deporte en contacto cá natureza, xa que nas súas instalacións están situadas unha pista de baloncesto, de fútbol, e para que os máis pequenos tamén estean entretidos hai un parque infantil. A carballeira esta separada do CIT por unha ponte románica, que nas festas patronais do San Roque cóbrese de fogos artificiais que poñen o fin de festa.