O Centro de Día do Concello de Guitiriz é un equipamento que oferta prazas ás persoas maiores residentes no termo municipal de Guitiriz ou doutros municipios, en situacións de dependencia física ou psíquica que conten co apoio familiar ou social suficiente que permita a súa permanencia no entorno habitual, sen que sexa excluínte o feito de vivir só. O Centro de día para persoas maiores do Concello de Guitiriz está situado na Rúa da Amizade, s/n.

HORARIO

10:00 H A 18.00 H.

PREZOS

Os usuarios pagan en función dos ingresos de toda a unidade de convivencia en relación co IPREM vixente para cada ano. Haberá un mínimo de 60,00 € en concepto de abono de Servizo de Comedor para aqueles usuarios que, polos seus ingresos, non estivesen obrigados a pagar ou estivesen por debaixo deste mínimo.

  • Praza a xornada completa: 430,00 €
  • Praza media xornada con comida: 285,00 €
  • Praza media xornada sen comida: 172,00 €

Descarga a solicitude para o Centro de Día

Descarga o formulario de Informe Médico

Descarga Regulamento do Centro de Día " Casa do Capataz" Concello de Guitiriz