Deixou unha forte impronta no noso pobo, así temos varios castros como por exemplo o Castro de Belote e o Castro das Quenllas do Forno.

O Castro de Belote, está situado na parroquia de San Xoán de Lagostelle. A súa planta é circular. É un dos castros de Guitiriz que  conserva  maior número de murallas.Ten un foso duns 5 metros de ancho. A lenda conta que é un lugar na cós mouros tiraban pedras para defenderse dos que lles atacaban.

O Castro das Quenllas do Forno, situado na parroquia do Buriz, no lugar do forno. Ten un planta completamente circular. Presenta grandes e profundos fosos e consérvanse tres murallas que bordean o Castro, excepto polo Norte.