De esta época destaca o "Xacemento de Pena Xiboi", situado na Aldea de A Tolda, preto das Canteiras de Parga. Foi declarado " Ben de Interese Cultural" en 1990  pola xunta de Galicia. Tratase dunha enorme rocha que serviu como abrigo natural aos primeiros poboadores destas terras. @s veciñ@s do lugar colocaron sobre a rocha un cruceiro, e nun dos lados dispuxeron unha placa conmemorativa a os seus ancestros.

En 1994 levouse a cabo unha escavación arqueolóxica  dirixida por César Llana e Manuel Angel López Felpeto. Atoparanse ferramentas de pedra, e restos de labranza de silex, cuarzo e cristal de rocha. Estes restos están actualmente depositados no museo  de Viladonga en Castro de Rei. Tras ser estudados as conclusións que se extraen é que estes primeiros poboadores coñecían moi ben os recursos da zona, realizando desprazamentos cando carecían algún material.