ESCOLAS DEPORTIVAS

O Concello de Guitiriz considera o " Deporte" unha peza clave para o desenrolo vital das persoas, tanto de nenos coma adultos. Por iso, ofrece unha ampla gama de actividades deportivas nas súas Escolas Deportivas Municipais. A mediados de setembro comeza o prazo de matrícula das distintas actividades que forman parte das nosas escolas. Aquí atoparedes toda a información das mesmas, horarios e lugares onde se van impartir, así como os impresos de solicitude de matrícula. Para formalizar a inscrición hai que traer o impreso debidamente cuberto e entregalo en recepción. Ante calquera dubida ou consulta podedes poñervos en contacto coa área de deportes:

Datos de Contacto:

Concellería de Deportes

Técnico de Deportes: Manuel Martínez
Telf: 982 370 109. E-mail: deportes@concellodeguitiriz.com

Administrativa Deportes: Mónica Paz
Telf: 982 370 109. E-mail: mpaz@concellodeguitiriz.com

Horario de Atención ao público: polas mañás no Concello en horario de 08:00 h a 15:00h.

 

INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE GUITIRIZ
Rúa do Carme,s/n - 27300 - Guitiriz

CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL NOREÑA BASANTA PARGA
Rúa Santa Lucía, s/n - 27305 - Parga

CAMPO MUNICIPAL DE FUTBOL SUSO CRUZ
Rúa Cova da Serpe,s/n - 27300 - Guitiriz

PISCINA MUNICIPAL
Paseo dos sete muíños, s/n - 27300 - Guitiriz