Coñecida popularmente como a "Igrexa Nova", esta situada na Praza Sagrado Corazón de María, na capital do Concello. A súa historia ven determinada polo seu promotor o párroco daquel entón Don Manuel  Bande, que consideraba que Guitiriz ía medrar moito grazas as expectativas xeradas pola creación do Campo de aviación no Boedo,o auxe do Balneario, e o feito de que tras a Guerra Civil moitos soldados quedaran na vila. Todo isto fixolle pensar que a "igrexa vella" íase quedar pequena polo que considerou necesario levantar un templo de grandes dimensións.

Así, a igrexa de Santa María foi construída entre os anos 1949-1968. O seu estilo é Neorrománico. Posúe planta de Cruz Latina e na súa fachada podese observar rasgos característicos deste estilo como son, os arcos de medio punto con derrame externo, o rosetón, onde destaca a figura de San Xoán Bautista. Esta igrexa é moi querida polos veciños/as de Guitiriz xa que moitos deles participaron na súa construcción,  e moitos  outros contribuíron económicamente dando donativos, os cales, unidos os que tamén facían os visitantes ó Balneario fixeron posible a súa edificación.

Outro feito a destacar é que está feita con pedra procedente das Canteiras de Mariz, hoxe exhaustas. Como curiosidade salientar que a Casa Reitoral e o Salón parroquial están adosados a igrexa. No atrio atopase un Busto na honra de Manuel Bande López, que está alí enterrado.