Está situada na Vila do mesmo nome, na cima dun Castro. Data do S. XII, e ó igual que a Igrexa de San Xoán de Lagostelle, foi obxecto de numerosas transformacións polo que se mezclan rascos característicos de diferentes estilos. Consta de Nave rectangular e Capela maior cadrada, no seu lado esquerdo ten engadida a sancristía.

A fachada é do século XVII, feita en coidada silleria, onde se pode observar a porta, enriba dela unha ventá, e finalmente unha espadana con dúas campas, e sobre ela a cruz metálica. Destaca  o “Reloxo de Sol” situado no ángulo que forma a fachada é o muro lateral dereito.

No interior da igrexa obsérvanse  tres impresionantes retablos do Barroco Popular e un ciclo de Pinturas Murais que datan aproximadamente do século XV, representando escenas da “Pasion, a  Anunciación e o Cristo en Maxestade”. Os retablos laterais foron restaurados recentemente e presentan figuras como San Ramón Nonato e  San Roque.

No atrio foron desenterrados tres sarcófagos antropoides, así como varias Lápidas Sepulcrais e unha Pila Bautismal Gótica sen adornos.