A Oficina Municipal do Consumidor ten como obxectivo prestar aos consumidores e usuarios, os servizos de información, educación, formación,orientación e asesoramento en materia de consumo. Os consumidores e usuarios teñen ao seu servizo, de maneira gratuíta, a posibilidade de realizar consultas, tanto telefónicas como presencias, presentar follas de reclamación y/o solicitar información e documentación en materia de consumo. 

Contacta coa OMIC:
Horario de Luns a Venres de 08:00h a 15:00h.
Pódese contactar ben de xeito presencial ou telefónico chamando ao 982 370 109 ou por e-mail: info@concellodeguitiriz.com