Que é?

A Omix é un espazo pensado para os mozos e mozas, co obxectivo de facilitarles o acceso a toda a información que sexa do seu interese, con criterios de fiabilidade e utilidade.

Onde está?

Está situada na Casa do Concello, na pranta baixa. O horario de atención ó público é polas Mañás, de Luns a Venres de 9:00h a 15:00 h

Contacto

  • Na propia oficina, mediante atención presencial
  • Por teléfono: 982.370109 e por fax: 982.372178
  • Por correo electrónico: omix@concellodeguitiriz.com
  • Por carta: OMIX Concello de Guitiriz - Rúa do Concello Nº 4 - 27.300 - Guitiriz - Lugo

Para que serve?

A información é o principal sevizo que ofrece a Omix en varias áreas temáticas importantes:

  • Educación: carreiras universitarias, formación profesional, plans de estudo, centros de ensino, sistemas de acceso, formación non regrada, saídas profesionais, residencias estudantes, bolsas e axudas, outros recursos, …
  • Lecer e cultura: difusión de actividades e programacións socio-culturais: exposicións, cine e teatro, conferencias, xornadas...
  • Sociedade: dereitos e deberes, axudas á vivenda, participación cidadá, …
  • Saúde: fomento de estilos de vida saudables e prevención dos mozos e mozas neste ámbito: nutrición, saúde mental, drogadicción, sexualidade, …
  • Vacacións: recursos necesarios para fomentar e estimular a cultura viaxeira da mocidade sacando o máximo partido dentro das súas posibilidades económicas e dos seus intereses.
  • Outros: campamentos, actividades organizadas polo Concello, programas da D.X. de Xuventude e Solidariedade, outras axudas, cursos de interese, concursos, …

Se algún tipo de información solicitada non pode ser facilitada pola Omix, derivarase correctamente a outras seccións do Concello ou a outras entidades onde se poderá obter unha información máis completa e suministrada por profesionais na materia.

Tramitación do Carné Xove

  • Que é: O Carné Xove é unha tarxeta persoal e intransferible a disposición da mocidade galega coa que poden obter descontos e vantaxes na Comunidade Autónoma de Galiza, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ó programa do Carné Xove.
  • Beneficiarios: tódolos mozos e mozas entre 12 e 30 anos, ámbolos dous incluídos.
  • Expedición: cubrir o impreso de solicitude, presentar o DNI e pagar 6 €.
  • Validez: ten unha vixencia de 2 anos contados a partir da data da súa expedición.
  • Vantaxes: acceso a diferentes bens e servizos que abranguen tódolos ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercio, viaxes, ensino, ocio…