A parroquia de “Os Vilares” está situada a 7 km de Guitiriz e conta con 44 entidades poboacionais: Ación, Os Ares, O Barreiro, Berulfe, O Cancelo, A Casa Nova de Vilariño, As Casa Vellas, Cibreiro, Novás, As Costoiras, O Coto, Drada, O Fagundo, Forcamuñiz, O Gorgulfe, O Laxoso, Lea, Liñarede, Malde, Os Manchás, O Mato, O Meao, O Merendero, Nandulfe, A Tiñaz, O Pazo, A Pena, Pena Roldán, A Pena Fachada, O Pico Farelo, Os ramos, A Reboira, Rego Pequeno, As Reixa, Requeixo, A Ribeira, San Miguel , O Tarrelo, A Tolda, O Toxo Brañío, Vilarchán, Vilargabín, O Vilariño, Vilasuso.

O igual que no resto das parroquias que forman o concello de Guitiriz, Os Vilares tamén posúe un gran patrimonio histórico cultural, así destaca a súa Igrexa Parroquial situada na praza do Campo da Festa nas Reixas, e o Calvario ( conxunto de cruceiros que representan a Pasion e morte de Xesús) que esta ó lado da igrexa.A igrexa dos Vilares comezou sendo unha capela do século XII, e despois de sucesivas transformacións converteuse na igrexa que é hoxe.

Tamén conserva restos da cultura castrexa como o Castro das Reixas. Outro dos tesouros de esta parroquia é a PENA ROLDAN situada no lugar da Pena Fachada,  é unha enorme rocha  situada nun contorno natural que a fai digna de ver, e sobre todo se coñecemos a súa lenda.

Esta lenda conta que Roldán (lexendario guerreiro compoñente dos doce pares de Francia, o servizo de Carlomagno) cando estaba nos seus últimos anos de vida veu a estas terras para defendelas dos seus inimigos mouros. Cando trataba de escorrentar os seus rivais aproximouse a este lugar e chamoulle a atención a enorme rocha que alzaba nel. O sentir que se achegaba o seu final decidiu deixar unha marca, por elo tomou a súa espada e partiu en tres a rocha, despois volveuna  a coller e abriu un dos trozos deixando un especie de cruz latina alargada que gardaría o recordo da súa espada.

Có tempo, caeu un de eses tres bloques o chan, e hoxe podemos apreciar esas marcas da espada, ademais das pegadas do seu cabalo  impresas na parte superior da rocha. Créese incluso que foi enterrado cerca do lugar, de feito aínda pódese oír como algo trona e fala na rocha como si alguén, de novo subira cun cabalo enriba da rocha”.

Nesta parroquia abundan as  festas e romarías, ademais das patronais destacan a “Festa da pascua” onde se conxugan os actos relixiosos típicos da Semana Santa coa festa popular.

Outra da máis coñecida e singular é a “Romaría labrega da Chaira” celebrada na carballeira do Cancelo, onde se fai unha exhaltación e recuperación da tradición popular galega, así podemos ver demostracións de como se mallaba a principios de século, ou  concursos de animais como por exemplo,concurso de cans ou de vacas, e tampouco debemos esquecernos dos xogos populares que se fan neste día.