Está situado na Parroquia de Santa Cruz, é coñecido tamén como "Fortaleza de Santa Cruz", xa que o edificio cumpleu á vez cunha función defensiva. Os primeiros documentos que falan deste Pazo son de 1520, pero o edificio sofreu varias modificacións no ano 1680 e no S. XVIII. Posúe un aspecto bastante hermético dada a súa función defensiva, con fachadas de pedra de granito formando baluartes en tres esquinas, e apenas vanos e ocos.

Se nos fixamos nos seus muros darémonos conta  do seu estratéxico sistema de defensa cunhas troneiras preto das ventás e das portas, é dicir, unhas aberturas nos seus  muros polas que disparar con armas de fogo longas. A Cheminea do tellado, con aspecto de pequena atalaia con puntiagudos remates, enfatiza este caracter defensivo e contribúe a darlle ese aspecto de fortaleza infranqueable.

Destaca tamén unha gran balconada, un reloxo de sol  e o “Escudo de Armas”,  dividido en catro partes con media lúa, corazón, bota e unha espada, por riba a cruz de San Martín e as armas dos Varela; todo elo rodeado dunha inscrición de 1823 polo que o Rei Fernando VII concedera dito escudo a D. Juan Varela, escribán seu. Neste Pazo consérvanse Esculturas realizados polo propietario e os seus antepasados, pinturas, colecciones de libros antigos, bandeiras e chaves e incluso unha Ara Romana dedicada ós “Lares Viales”.