Está situado na aldea de O Pazo, na parroquia de San Xoán de Lagostelle, pertenceu ó señor de Guitiriz don Jacinto de Miranda Barba de Ribadeneira. Do edificio residencial do S.XVI soamente queda un esquinal.No século XVIII proxectouse unha gran edificiación, pero sólo chegouse a rematar a metade.Isto podese observar no escudo, que na actualidade está na esquina, pero que estaría no centro da fachada de terse rematado o edificio.

Foi construído con grosos muros de sillería, e cuberta de pizarra. Posúe planta baixa e o piso superior. De planta rectangular cuns 14 metros de fronte e 7 metros de fondo. A construcción completase cun pasadizo subterráneo, elaborado tamén en sillería que comunica coa Torre de Lagostelle e co Ponte Da.

Adosado o Pazo atopase a "Capilla da Virxe da Asunción", construída en pedra labrada, con espadaña. Nunha das portas conservase a súa enorme pechadura orixinal. No interior pódese observar cómo se cubre cunha fermosa bóveda de canón a castóns. No seu entablamento lese unha inscripción fundacional do ano 1650, que se refire a D. Jacinto de Miranda Barba de Ribadeneira, Señor de Guitiriz. No interior o redor do retablo destacan unha serie de figuras como: a "Inmaculada do S. XVII" , a "Virxe das Angustias", e unha pequena imaxe duns 25 cm, dunha muller vestida con roupa da época , que seguramente se corresponde a unha dama noble, que foi bautizada polos fieis como " Santiña Negra".

Na actualidade, celebrase nesa Capela o día 15 de Agosto unha romería popular na honra de "Santa María"