A parroquia de Pedrafita está a 12 km de Guitiriz, e conta con 15 entidades poblacionais: O Abeledo, Cabanarril,O Carballedo, Os Corredoiros,Guimarás, Lavandeira, O Navallo, O Outeiro, A Pena dos Diñeiros, Penas de Gulfe, O Pereiro, Rego do Ameneiro, Romariz, Tomboliño, Vieiro. En Pedrafita abundan as mámoas ou medorras, as máis coñecidas son as seguintes: Medorra do Carballino en O Pereiro, Medorra de A Reguiña en a Lavandeira, Medorra de A Gándara  en A Pena dos Diñeiros...

A Igrexa Parroquial de San Mamede en Pedrafita é dun estilo Románico tardío, e presenta unha estructura singular xa que posúe o campanario situado no atrio. Ademais da igrexa parroquial, tamén destaca a Capela do Rego dos Ameneiros, que posúe un retablo popular renacentista do S.XVIII. En Pedrafita  tamén abundan as fontes como por exemplo a Fonte do Boxedoiro no Abeledo, do Pereiro  (No Pereiro), a Fonte da Lavandeira, do Seixo ( en Ximarás)...

As súas festas patronais son na honra a San Roque o segundo fin de semana de agosto.