A “Presa de Merra”, está situada no lugar de Bascuas, na parroquia de San Salvador. É un lugar apropiado para olvidarse de todo, descansar e disfrutar da natureza. O longo do ano a beleza desta paraxe vai cambiando de forma e así no inverno vese o río Requeixo descender rapidamente, con saltos de auga moi caudalosos. A vexetación adquire unha cor máis intensa, e o bruar da auga río abaixo somérxenos nunha tranquilidade e nun remanso de paz.

Según van pasando as estacións vemos como a vexetación vai mudando, descubríndonos un novo lugar. No verán moita xente opta por darse un baño nas fresquiñas auga do río. Preto da presa de Merra tamén se pode ver un antigo muíño de auga, que son moi característicos na zona de Guitiriz.