O vindeiro domingo, día 8 de setembro, terá lugar no Concello de Guitiriz unha proba do Campionato Galego de Andadura, organizado pola Federación Galega de Hípica. Por este motivo, vaise cortar a rúa Boa Veciña, á altura da Ferretería modesto ata a intersección das rúas Manuel María, Terra Chá e Boa Veciña, desde as 8:00 horas ata as 20:00 horas. Proponse como alternativa a rúa Manuel María. 

O aparcadoiro de terra sito ao lado da rúa Boa Veciña tamén permanecerá pechado desde as 8:00 ata as 20:00 horas do mesmo día. 

Desculpen as molestias.