DESTINATARIOS

  • Nenos entre 3 meses e 3 anos.
  • Poboación preferentemente do Concello de Guitiriz.

HORARIO

  • De Luns a Venres de 08:30 h- 19:00 h.
  • A permanencia dos nenos no centro non excederá de 8 h diarias.
  • Non inclúe comedor, pero existe a posibilidade de levar a comida preparada.

TABOA DE PREZOS EN HORARIO ORDINARIO

  • De Luns a venres: 1 HORA: 3 €.
  • Os seguintes prezos serán para todos aqueles usuarios que o soliciten no concello e lles sexa aprobado en Xunta de Goberno Local. De Luns a venres:
    • 2 horas (cada día): 33 € /mes.
    • 3 horas (cada día): 50 € /mes.
    • 4 horas (cada día): 65 €/mes.
    • 5 horas (cada día): 80 € /mes.
    • 6 horas (cada día): 95 € /mes.
    • 8 horas (cada día): 110 € /mes.

BONIFICACIÓNS

  • 30 % no caso de ser familia numerosa.
  • 20% no caso de pertencer a unha unidade familiar monoparental.
  • 20 % no caso de asistencia dalgún irmán ó mesmo centro de atención á primeira infancia ou 30 % no caso de parte múltiple.

As tarifas incrementaranse nun 50 % para unidades familiares non empadroadas no Concello de Guitiriz ou nun 30 % a aquelas que estando na mesma situación existe algún membro que traballe no Concello de Guitiriz.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

  • Se é a primeira vez que se matricula:
    • Fotocopia do libro de familia
    • Fotocopia do DNI dos solicitantes
    • Copia da declaración da renda
    • Copia da última nómina ou certificado de prestacións do INEM
    • Solicitude debidamente cumprimentada
    • Título de familia numerosa e outra documentación que estime oportuna.
  • Se xa estivo matriculado en anos anteriores:
    • Solicitude debidamente cumprimentada
    • Outra documentación que estime oportuna.

PRAZO DE ENTREGA DE SOLICITUDES

  • Para os alumnos que xa están matriculados, deberán facer a reserva da praza do 1 ó 15 de Abril.
  • Para os alumnos que se matriculen por primeira vez o prazo será do 16 ao 30 Abril
  • O resto do ano poderán presentarse as solicitudes no Concello. Se non existen prazas libres o usuario entrará nunha lista de espera.

FORMULARIOS

 
Para máis información no 982-370-109 ou no E-mail: servicios-sociais@concellodeguitiriz.com.