Un dos lugares máis emblemáticos de Guitiriz son “Os sete muíños”, chamado así porque conta con 7 muíños situados a beira do río Forxa, no que destaca a vexetación autóctona da ribeira e carballos de gran riqueza. Nesta area recreativa está situada  a piscina natural que leva o mesmo nome, que foi feita aproveitando o curso do río. O pe da piscina, río arriba pódese observar un dos muíños de auga, dende onde baixa a auga en cascada.

Seguindo río abaixo atopámonos con outro dos muíños. Aínda que hoxe están  en desuso conservan vestixios do que foron no pasado. Están construídos con mampostería  de granito local e cubertos a dúas augas con pizarra. Este é un lugar para disfrutar todo o mundo, tanto pequenos coma grandes.

Os máis pequenos ademáis darse un “chapuzón” na piscina tamén poden pasar un rato divertido xogando no parque infantil situado nesta zona. Nos sete muíños tamén está situada a Piscina Municipal climatizada con paneis solares, así pódese escoller entre darse un baño nas augas fresquiñas da piscina natural,ou nas máis quentiñas da municipal.