Rede CeMIT

Rede CeMIT

A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galicia, que actualmente forma parte da Axenda Dixital de Galicia 2020 enmarcada no Plan Estratéxico Galicia 2015-2020 e que ten como fin acadar a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020.

Desde 2016, a Rede CeMIT tamén forma parte do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 coma un dos proxectos clave que asentaron as bases para definir a nova estratexia de inclusión dixital da comunidade e que ten o obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital no ano 2020.

Acceder á web da Rede CeMIT