É un roteiro, para facer a pé, duns vinte kilómetros de lonxitude que  tenta enlazar o CAMIÑO NORTE DE SANTIAGO coas tres fontes de auga medicinais existentes no Concello de Guitiriz: FONTE DE VALDOVÍN,en Parga, FONTE DE SAN XOÁN, en Lagostelle e FONTE DE PARDIÑAS, situada dentro da aldea do mesmo nome que pertence á parroquia de Lagostelle.

O inicio, nun lugar emblemático de Guitiriz, está na parroquia de Sambreixo, nunha paraxe singular coñecida como San Alberte onde conflúen unha ponte romana, unha interesante capela gótica con cruceiro deste século (esculpido pola canteira local Josefa) e un asombroso conxunto natural con gran  variedade de árbores; todo á beira do río Parga que nesta zona xa é adulto e corre raudo a xuntarse co Ladra uns kilómetros despois. Moi perto daquí, subindo só  ….metros á esquerda, atópase o miradoiro de Sambreixo dende o que se pode disfrutar  dunha fermosa visión da zona.

Para ver o mapa con mais detalle pincha sobre a imaxe. Tamén podes descargar o folleto do Concello sobre a Ruta da Auga: Descargar Folleto da Ruta da Auga



TRAMOS

1.-San Alberte – Fonte de Valdovín: 4.650 m.
1.1.-San Alberte  - PITERO: 2.000 m.
1.2.-Pitero – Prado: 1.900 m
1.3.-Prado – Valdovín: 700 m

2.-Fonte de Valdovín – Fonte de San Xoán: 8.100 m
2.1.- A Carballeira (Parga): 1.400m.
2.2.- A Carballeira – Muíño de Ferreira: 1.500m.
2.3.-Muíño de Ferreira – Montemeá: 2.300 m.
2.4.-Montemeá - Balneario  de Guitiriz (Fonte S. Xoán): 2.900 m.

3.-Fonte de San Xoán – Fonte de Pardiñas: 6.900 m.
3.1.-Fonte de San Xoán – Ponteveiga: 600 m.
3.2.-Ponteveiga – Ponte do Forxá: 1.250 m.
3.3.-Ponte do Forxá – Sete Muíños: 750 m.
3.4.-Sete Muíños  - O Pazo: 1.900 m.
3.5.-O Pazo – Pardiñas: 2.400 m.

Os tramos indican e dividen os catro puntos fundamentais da ruta: O Camiño de Santiago ó seu paso pola zona do San Alberte en Sambreixo, a fonte de Valdovín en Parga, a fonte de San Xoán dentro do complexo termal de Lagostelle (Guitiriz) e a fonte de Pardiñas. Os subtramos dividen cada tramo principal tomando como referencia lugares que posúen acceso rodado. Algúns subtramos aínda admiten outras divisións porque existen puntos ós que se accede por antigos camiños de carro sen asfaltar.

A Ruta da Auga tal como indica o seu nome pretende amosar o potencial acuífero de Guitiriz tanto no seu aspecto de saúde coma no valor vital do líquido elemento en xeral. Ademais de conter as fontes de augas medicinais que dende hai máis  dun século veñen curando doenzas a guitiricenses e forasteiros, a ruta transcurre na meirande parte do seu percorrido á beira dun río e pasa por varias zonas onde se xuntan dous ou tres regatos.

No seu inicio, parte  río arriba paralela ó río Parga, no Pitero contempla a unión do regato que pasa por Roca có Parga, máis arriba, antes de Valdovín,  atópase co Rego Pequeño vertendo todo o ano aínda que pouca cantidade,  xunto do muíño de Ferreira é testemuña do casamento entre o infantil Parga (que procede da zona de Friol) e o regato que ven de Guitiriz (que, na tradición popular, recibe unha morea de nomes segundo o lugar por onde pasa: Escádebas, Forxá, Sete Muíños, Ponteveiga,…), pro que oficialmente  é o LADROIL que aínda recibe máis afluentes ó longo da Ruta: o río de Mariz, o Pardiñas ou Da, o Regato de Augafría,…