A Parroquia de Sambreixo está situada a 8,4 Km de Guitiriz, e conta con 14 entidades poboacionais: Alfonsares, Bandoncel,O Canto do Muro, O Carballo, A Cortella, Costoiras, O Cotón, A Eirexe, A Fonte, As Penas, O Rego da Viña, Santo Alberto, Sobreouteiro, Toar.

Por esta parroquia pasa o Camiño Norte de Santiago de Compostela. Un dos lugares máis significativos de Sambreixo é San Alberte onde se atopa unha capela de estilo Gótico. Preto da capela atópase tamén  unha  fonte, que segun conta  a crenza popular  as súas augas son boas para curar problemas relacionados cá fala.

Nos arredores da Capela de San Alberte atópase un refuxio de pescadores ideal para facer un alto no camiño.

En San Alberte comeza a “Ruta da Auga”, que é unha ruta de sendeirismo que tenta unir as tres fontes mineiro medicinais (Fonte de Valdovin en Parga, San Xoán en Guitiriz, e a Fonte de Santo Domingo en Pardiñas)do concello co Camiño Norte de Santiago de Compostela.

A igrexa parroquial de Sambreixo situada no lugar de Toar,  é outro dos seus atractivos turísticos. O seu estilo era inicialmente Románico, xa que o edificio primitivo pertence ó século XII, cun pequeno vano e algúns canecillos moi sinxelos.

Outro dos alicientes para visitar Sambreixo son as fantásticas vistas que hai dende o seu miradoiro.

As festas parroquiais de Sambreixo son o na honra a San Remixio o primeiro fin de semana de outubro; e a Romaría popular de San Alberte celebrase  o terceiro fin de semana de maio.