A parroquia de Pígara está situada a 15 Km de Guitiriz, e conta con 28 entidades poboacionais: A Areosa, A Caivanca, Casamuiño,As Casas Novas, A Castiñeira, A Cepeira, O Codesal, Contariz, A Cruz dos Campos, Embande, A Estrada, Ferreira, Fontefria, A Igrexa, A Lamela, Loureiros, Muros, As Pallotas, O Pazo, As Penas, A Porta dos Galonos, Porcelo,O Rego do Sapo, A Reigosa, San Cristovo, Santa Mariña, Soaxe, A Tolda, Vimieiro.

Por esta parroquia pasa o Camiño Norte de Santiago no seu paso polo Concello de Guitiriz. Nela os peregrinos e visitantes poden facer unha parada  na Area Recreativa de Ferreira, situada no lugar do mesmo nome. Ademais de descansar, tamén poden  probar a   auga da “Fonte das Verrugas”, a crenza popular conta que as súas augas son boas para elimina-las.

Unha vez alí, tamén se pode visitar a “Capela de San Benito”, que foi construída no S.XVII sobre outra anterior.

Desta capela destaca no seu exterior o pórtico con columnas e celosías e na súa fachada dúas pequenas ventas ós lados da porta. No seu interior non presenta retablos senón unha excelente talla de  San Benito do S. XVIII.

En Pígara tamén se conservan restos da cultura castrexa, como é o castro “O Castro do pazo”, e fácil atopalo xa que atopase xusto o lado da pista que leva a aldea do  mesmo nome.

A Igrexa Parroquial de San Pedro de Pígara  está situada na aldea de Fontefría.

O río Ladra o seu paso pola parroquia de Pígara déixanos paraxes moi fermosas como “Os caneiros” na aldea de Purucelo. Este é unha estupenda zona para darse un baño rodeado de amplas pradeiras e as sombras de bidueiros.

As festas parroquias de Pígara son na honra a San Pedro o 29 e 30 de xuño, e o 27 de setembro celebrase a festa de San Benito.