A parroquia das Negradas está situada a 10 Km de Guitiriz  e conta con 21 entidades poboacionais: A Tarroeira, O Alto, Bistixoán, O Calvo, O Campo da Pena,As Cancelas, Os Candedos, A Casa Lousada, Cerdeiras, Porto Seixo, Rebordiños, Gradón, O Lousado, Ouzás, A Penabranca, A Pereira, Sutorgedo, O Torguedo, A Vacariza, Vixón, A Xarela. Dende esta parroquia pódese disfrutar dunhas fermosas vistas panorámicas subindo ó alto da “Cova da Serpe”, dende alí divísase todo Guitiriz, o que fai desta vista unha preciosa “fotografía”. Éste é un lugar ideal para disfrutar da natureza, coñecer a flora e fauna local.

A Cova da Serpe esta rodeada por unha fantástica lenda, “segun ésta a serpe que habitaba na cova  tiña un tamaño descomunal. Cóntase que cando saía para comer  a súa boca capturaba reses nos campos de Miraz, pero que a súa cola  non saía completamente da “Pena furada” ,e entre un punto e outro  hai 8 Km en liña recta. Os veciños da comarca tíñanlle moito medo , non só polo seu tamaño senón porque comía  vacas enteiras e incluso homes. Dícese que para acabar con ela puxéronlle diante un burro untado con alquitran, o que tragou sen dubidar e entonces prendéronlle lume”.

Nas Negradas destaca a súa  Igrexa parroquial , está situada na ladeira da “cova da serpe”, no lugar do Lousado. Nesta parroquia abundan os muíños de auga, os máis coñecidos e de fácil localización son o “Muíño da Devesela” e o “Muíño do Crego” ambos están situados no na aldea do Lousado, consérvanse en bon estado, de feito o segundo funciona e datan aproximadamente do 1875 e 1900,respectivamente.

As festas parroquiais de Negradas son o último fin de semana de setembro na honra de San Miguel.