A parroquia de Roca está situada a 8,4 Km de Guitiriz e conta con 9 entidades poboacionais: Altamira, Alto de Roca, As Lamas, As Penas, A Ponte de Roca, O Portodola, Quintán, Roca, Santa Ana. Nesta parroquia consérvanse restos de mámoas como é a “Medorra de Pena Gallada”, e tamén da cultura castrexa como é  o “Castro de Quintán”. A auga e os muíños son un dos principais atractivos turísticos de Guitiriz e bon exemplo desto pódese ver nesta parroquia.

Así, a Ruta da auga, o seu paso por Roca é unha das máis fermosas, e  somérxenos  nun remanso de paz e tranquilidade, camiñando a beira do río observando as cascadas, e a maxestuosidade do bosque có rodea. Un dos tramos con máis encanto é o que vai dende Pitero- Parga.

En Roca tamén abundan as fontes como a “Fonte do Ferreiro” (Roca-puente), “Fonte da Branca e coral” e a “Fonte de Bureiros” (Quintan). Ademais da natureza en Roca tamén podemos disfrutar da súa arquitectura relixiosa, destacando a  Igrexa Parroquial de San Xulián  que  data  do primeiro tercio do S. XVIII. A súa fachada é de pedra labrada moi reformada, a estructura da nave é rectangular.

Fronte a igrexa podemos ver tamén un fermosos cruceiro. Xunto ca igrexa parroquial tamén destaca a Ermida de Santa Ana na aldea do mesmo nome (particular).

As festas parroquiais son na honra a San Xulián o 6 e 7 de xaneiro.