A parroquia de San Xoán de Lagostelle comprende o núcleo municipal: Guitiriz, e as aldeas de Acevedo, Amariz, Ansede, Arxá, Barreiro, Belote, Cabanacomba, Cezar , Escádebas,Xomelio,A Landoreira,Os Liñares,Pardiñas,O Pazo, O Penedo,O Sanguiñedo,Senande, Sesulfe, A Torre. A esta parroquia pertence a “Área Recreativa San Xoán de Lagostelle” e a “ Área Recreativa dos 7 muíños” que son unhas paraxes naturais que nos permiten entrar de cheo en contacto coa natureza e coñecer de primeira man a flora e a fauna local.

De singular atractivo é o que ocorre na “Area Recreativa San Xoán de Lagostelle” ( coñecida popularmente como o pantano por estar situado o seu lado) a tardiña, cando as ras comezan a croar,  crean un son moi fermoso que simula un pequeno concerto musical. Outro dos espazos naturais a destacar desta parroquia é o paseo fluvial que vai desde a Ponteveiga ata os Sete Muíños, este paseo forma parte dun tramo da Ruta da Auga.

Neste percorrido camiñamos á beira do río disfrutando dos rebulires de auga, das cascadas, das árbores e as formas que estes adoptan. É un paseo moi agradable, ideal para facer en calquera época do ano, e así ver como vai cambiando a paisaxe nas diferentes estacións .

Nesta parroquia, no núcleo municipal , destacaríamos o Reloxo Analemático de Sol , situado no campo da feira. Chámase así, porque o gnomon desprazase o longo do ano segun a declinación solar. Así, é o propio observador quen situado sobre a data sinala a hora coa súa propia sombra.

Situadas nesta parroquia están a Igrexa Parroquial de Sta María na praza Sagrado Corazón de María e a Igrexa de San Xoán de Lagostelle preto do cuartel da Garda Civil  en Torre Vella.

Ademais destas igrexas destaca a “Capela do Ecce Homo” na praza do mesmo nome no curro vello. Data aproximadamente de principios do século XX, sendo  propiedade particular dos donos da Casa Barxa. Foi restaurada recentemente, é un edificio  moi sinxelo, no seu interior hai un retablo coas imaxes da Virxe, San Xosé có Neno, Cristo Salvador e o Ecce Homo.

Pardiñas é outro dos lugares máis emblemáticos de Guitiriz e de esta parroquia , é coñecido polo seu Balneario e polo seu festival de música folk que se celebra o primeiro fin de semana de agosto  na carballeira que hai nos arredores do Balneario. En Pardiñas, tamén destaca a “Capela de Santo Domingo” situada en fronte do Balneario, foi propiedade de Domingo Cabarcos Yáñez  e a súa esposa Dña. Manuela Vilariño Roca en 1956  como nos indica a placa fundacional do seu interior.

Xunto coa arquitectura relixiosa tamén hai mostras da arquitectura civil, como é o Pazo de Camarasa. Xunto có pazo de Camarasa tamén destaca na aldea de “A Torre”  unha casa – torre que lle deu nome o lugar, ó parecer foi a antiga casa forte de Guitiriz, que no ano 1372 pertencía a Vasco de Parga. Posteriormente foi destruída e reedificada por última vez  no ano 1863 .

Na parroquia de San Xoán de Lagostelle ó seu paso polo termino municipal está situado o Balneario, recentemente restaurado e inaugurado no 2003. No recinto do balneario destaca unha mesquita, xa que durante a Guerra Civil o Balneario foi hospital militar.

As festas patronais de Guitiriz son na honra de San Xoán.Outra festa moi popular de este parroquia é a que se celebra no barrio do Curro Vello , a "Festa do Ecce Homo" que se celebra o 14 de setembro. Ademais das festas cabe sinalar que os mércores celébrase o mercado semanal na praza do campo da feira.