A parroquia de Becín está situada  a 3,5 Km da capitalidade municipal, e posùe 12 entidades poboacionais: O Abelendro, Becín, O Candendo, O Castro, Chinote, A Graña, Mende, Moeiro, O Navallo, Raposeiro, Recimil, Tarulle.

En Becín consérvanse restos de mámoas coma a “Medorra de O Gandarón”, así como restos de  castros como é  o “Castro de Recemil”. Destaca tamén a Igrexa Románica de San Xulián que foi ampliada no século XIX. Nun lateral obsérvase a fiestra que conserva o tímpano da antiga porta románica. No atrio da igrexa atópase o Cruceiro, que foi construído por Don Xosé González Losada Pasarín no ano 1978. Destaca o Cristo crucificado, separado da cruz e a marcada anatomía e a súa Virxe coas mans cruzadas no fuste.

A Festa patronal de Becín é na honra a San Ramón o último fin de semana de Agosto.