A Parroquia de Santa Cruz dista do Concello uns 8,9 Km e conta con 15 entidades poboacionais: Baldomar, Bueiro, O Candorco, O Castro, Ferreiro, A Fontemourela, A Igrexa, Ixavara, As Lobeiras, Painzás, Pedracova, A Pena, Penabico, A Pontella, Os Portos. O concello de Guitiriz posúe un riquísimo patrimonio histórico- cultural, e un bon exemplo disto podémolo ver  na parroquia de Santa Cruz.

Así, nesta parroquia podemos atopar varias mámoas ou medorras como poden ser A Modia da Fraga do Rei no lugar de Lobeiras ou a Medorra de O Vieiro en O Castro. Da cultura castrexa consérvanse os “Castros de Pedrasos” en Ferreiros , o Castro do Candorco no Candorco. Consérvanse tamén restos de “Aras romanas” (estas son pequenos monumentos xeralmente monolíticos, erixidos na conmemoración o recordo de algo o alguén), como a que esta situada no barrio da Torre, que é un ara de granito con 3 fuegos  que data do século II dc e que se traduce como”Caesano cumplió un voto os lares viales” .

A  Igrexa parroquial  de Santa Cruz, é de Estilo Románico do Século XII, conservando deste momento os muros da súa nave, que no exterior presenta catorce canecillos románicos lisos e  no dereito unha porta románica con dintel no que hai unha cruz románica sinxela, e unha ventá pequeniña do mesmo estilo. Ademais da igrexa tamén destacamos o “Calvario” conxunto de cruceiros que representan a pasión de Cristo. Xunto cá igrexa parroquial destaca  a capela do Pazo da Pontella de 1799. Xunto cas mostras da arquitectura relixiosa nesta  parroquia destaca o Pazo da Pontella, boa mostra da arquitectura civil.

A vida desta parroquia estivo moi influenciada polo centro militar situado na loma sudoeste do “Penedo do Castelo” na serra de Santa Cruz. Este centro fundouse nos anos 40 do século pasado.Funcionou como campamento rexional ata 1965, a partir de esta data constitúese o Centro de Instrucción de Reclutas (CIR). Moitos foron os recrutas que fixeron a súa instrución no campamento de Sta Cruz; polo que esta época foi moi bollante e con moitas transaccións económicas no solo para esta parroquia senón para toda a zona, cunha influencia especial na Vila de Parga que converteuse nun centro de distribución  importante dado as demandas do campamento e tamén moi importante foi o tráfico da estación de tren de Parga moi utilizado na aquela época. Na actualidade ocupa a mesma extensión e consta de 3 campos de tiro e cunha pequena agrupación de profesionais que coidan e manteñen as instalacións.As festas patronais de Santa Cruz son o primeiro fin de semana de maio.