A parroquia de Mariz está situada a 3,5 Km  de Guitiriz e conta con 15 entidades poboacionais: A Abelleira, O Campizo, O Cando, As Coutadas, A Cuíña, A Fracela, Mariz, Mezonzo, O Ombral, A Portaescoira Porto de Recimil, Pradieiro, A Viladonega, Vilasusá, Xestelas. Destaca a Igrexa Parroquial  de Santa Eulalia, que  foi de estilo románico do que solo quedan algúns muros. Reconstruíuse no ano 1945 a partir dos restos dunha casa señorial: “O pazo da casa Tulla” deste xeito non presenta o aspecto dunha igrexa típica.

A súa fachada é a mesma que tiña a casa, as súas ventás foron tapiadas e añadeseulle unha espadana que  posúe unha placa cunha inscrición : IGLESIA CONSTRUÍDA SENDO CURA DON RAMON ROCA ROCA NO ANO 1945”, na súa parte superior, conserva unha pedra gravada cunha figura cos brazos abertos que se atopaba na primitiva igrexa. Seus muros mostran ventás apuntadas con vidreira sen polícromar, excepto na fachada. No exterior consérvase o portalón de entrada rematado en frontón triangular e cruz, e parte da cerca.

En Mariz ó igual que en todo o concello abundan os muíños de auga, destaca o conxunto de Muíños chamado os “Muíños da Muiñeira”,  situados xunto un regato que en varios desniveis sitúa cinco muíños a distinta altura axustándose as cascadas da auga. Eran muíños comunitarios de herdeiros correspondentes ás familias das aldeas do entorno que se roldaban no seu uso por horas.

Na actualidade están bastante deteriorados, pero aínda conservan vestixios do que foron no pasado. Xunto cá auga, a pedra forma parte da economía desta parroquia, así destacan as súas  canteiras, que xunto cas canteiras de Parga, participan de forma activa na economía do concello.

A parroquia de Mariz celebra as súas festas patronais na honra de San Bartolomé os días 24 e 25 de agosto.

Na Semana Santa tamén se celebra a festa do lume e da auga (Vixilia pascual). que conxuga elementos míticos – relixiosos, nesta celebración baixase o río a bendicila a auga .