A Parroquia de Santa Locadia  queda a 7,5 Km de Guitiriz e conta con 11 entidades poboacionais: Aldar, Cabana, Carballedo,A Conchada, Digañe, Eirexe, A Laxe, O Outeiriño, A Pateira, A Raposeira, Saa.

Nesta parroquia  abundan “As mámoas ou Medorras” como a “Medorra do Alto da Cintinela” no Monte da Valiña, a “Medorra do Cotón” na Cabana ou a “Medorra da agra Branca” na casa- semillero de Icona.

O Camiño de Santiago abandona as terras de Guitiriz no seu paso por Santa Locadia, por iso é de merecer facer  unha visita a súa  fermosa Igrexa Parroquial,  situada no lugar de Eirexe.

Ésta foi construída no Século XVII, pero reformouse nos séculos XIX e XX. Destaca a súa fachada de pedra labrada, moi sinxela cunha pequena ventá e espedaña, pero que xa presenta a característica ondulación barroca no seu remate. No muro oposto, hai un sillar coa seguinte inscrición : “HIZOSE SIENDO CURA DON JUAN... ???. AÑO 1799”.

O interior da igrexa e moi acolledor, xa que as paredes son de pedra e están encintadas en branco, ademais no lateral hai un ventanal polo que entra gran cantidade de luz que contribúe a darlle ese aspecto entrañable e familiar. Na reitoral conservase unha pila bautismal do S. XVII, semiesférica e con grandes estrías salientes. No atrio da igrexa parroquial destaca un Cruceiro, que formou parte dun antigo “Vía Cruces”, ademais deste tamén destaca  o “Cruceiro da Raposeira” no lugar  da Raposeira , situado nun cruce de camiños.

Guitiriz é un lugar de auga, abundan as fontes en case tódalas parroquias do concello. Así, en Sta Locadia podemos probalas augas da  “Fonte da Pateira”, o “Pozo do Pinto”, ou o Pozo da Cabana.

As festas patronais son na honra a San Antonio o domingo anterior ó San Xoán.