A parroquia de Labrada está situada a 14,3 km do núcleo municipal. Está distribuida en 32 entidades poboacionais: Os Aboares, As Ameixeiras, A Balsa, Bañobre, O Bernaldo, O Cal, Os Carballiños, O Carballo, A Carreira, Os Castelos, O Castro, O Cece, O Codeso,  Estremil, Galiñeiro, A Gandarela, Gatelle, A Granxa Vella, Margá , Munxín, A Paderna, A Pena, As Penas, O Prado Vello, O Pumariño, A Puza, O Regueiro, O Rodeiro, Saa, San Cristovo, San Mateo, Sinde, A Tarañeira, A Torre de Labrada, As Toxeiras, O Toxiño, A Vacariza, Os Xiros, Xove Novo, Xunto á Igrexa.

En Labrada, destaca a súa igrexa parroquial e o conxunto monástico da Granxa. Labrada era unha das propiedades máis importantes do Mosterio de Monfero. A parroquia creouse no século XIII a raíz da necesidade de atender cristianamente ós fieis deste amplo territorio. Así, construíuse un pequeno conxunto monástico, que se chamou “A Granxa”. Xunto co complexo monástico da Granxa destaca a Igrexa Parroquial de Santa María, é un templo románico reconstruído no S. XVII e no S.XVIII. Destaca a imaxe popular da Virxe con arco adintelado do S. XVIII e hornacina, no  seu muro dereito consérvase a porta primitiva, e no prebisterio o retablo maior barroco popular do S.XVIII.

En Labrada, tamén destacan as “mámoas ou medorras” como poden ser a “Medorra de Formosa” en o Castro ou a “Medorra da Pena dos Nenos” en Serra da Loba. Ademais das mámoas, tamén destacan os castros como son O Castro de Margá, situado na aldea do mesmo nome, na ladera da colina en vez de nun alto como soe ser habitual, ou o Castro da Torre en A Torre.  

A festas patronais de Labrada son na honra a Sta María os días 14 e 15 de agosto.