O Vilar queda a 6,5 Km de núcleo municipal e conta con 10 entidades poboacionais: O Campo da Vila, Casanova, A Fontataza, Forcas, Fraguas, As Lobateiras, A Modia, A Pena Redonda, Rebordiños, Salgueirón. O igual que no resto das parroquias do concello de Guitiriz no Vilar abundan as mámoas ou medorras como pode ser a da “Fraga de Forcas”  no lugar da Fontataza.

Nesta parroquia  destaca a Igrexa Parroquial de Santa María que é unha boa mostra da arte románica, data da segunda metade do século XII.( + Inf).

No Vilar existen varios cruceiros entre os que destacan o que está no Atrio da Igrexa, o Cruceiro de Rebordiños que está nunha carballeira preto da casa Rebordiños e preto do antigo camiño a Parga, o Cruceiro de Fraguas situado a carón da casa do mesmo nome que posúe inscricións. Ademais dos cruceiros no Vilar tamén destacan os Hórreos como pode ser o “Hórreo de Rebordiños” adxacente a casa do propietario.

As festas do Vilar son o primeiro fin de semana na honra da Nosa Señora.