A parroquia de Santa Mariña queda a uns 4,7 km de Guitiriz, e conta con 14 entidades pobacionais: As Augas Longas, A Cabana, As Casillas, Corvite, Os Fidalgos, Lea, Lentemil, As Mámoas, O Outeiro de Lea, A Pena do Leito, O Porto Vello, As Poceiras, Santa Mariña, Rioseco. Nesta parroquia tamén abundan as mámoas como por exemplo a “Mámoa de Os Penedos” en as Poceiras, a mámoa do “Marco de Portovello” no Portovello.

A súa Igrexa Parroquial comezou sendo unha pequena capela dedicada a honra da Virxe do Carme, dependente da parroquia de Guitiriz , que o ser creada como parroquia en 1898 púxose baixo a advocación de Santa Mariña, sendo posteriormente  ampliada. Un incendio en 1950 non deixou practicamente nada, tendo que reconstruír un novo templo. Tanto a fachada como os muros laterais mostran a sillería a vista.  A fachada é sinxela con remates en cruz e espadana. A campá leva escrito “Santa María”. No interior presenta dous retablos actuais , o maior porta as figura da Santa Mariña, Santa Lucía e Corazón de Xesús”. Xunto a igrexa no atrio atopase o cruceiro.

Nesta parroquia destaca a Fonte da Igrexa, que se acha empotrada no muro que conforma o atrio da Igrexa Parroquial pero o máis curioso é que o manancial nace por debaixo do altar da igrexa. A fonte foi reformada no ano 1990.

O lado da igrexa hai unha pequena “Área Recreativa”, con mesas e bancos de pedra. A vía do tren influenciou na estructura territorial da Santa Mariña xa que divide en dous  esta parroquia.

As súas festas patronais son na honra da Virxe do Carme, e celébranse o fin de semana máis preto o 16 de xullo.