A parroquia de Trasparga está situada  a 5 Km de Guitiriz e conta 14 entidades poboacionais: Arca Cavada, Baxoi, O Cal, O Campo, O Mesón da Cabra, O Mesón Vello, A Mota, Pasarín, A Pena Moscosa, O Pino, Prado, Sante, Trasparga, Vilanova.

Trasparga ocupa un lugar moi importante na historia do concello de Guitiriz xa que no ano 1834 cando se crearon os concellos, éste chamábase Trasparga e tiña a súa sé a beira da actual N- VI, a altura do Mesón da Cabra. Non foi ata o ano 1945 cando deixou de chamarse Concello de Trasparga para ser Concello de Guitiriz.

A igrexa parroquial de Trasparga é  románica , e foi  ampliada no Século XX, da construcción primitiva consérvase unha porta convertida  en ventá no muro dereito e unha portada románica con dobre arco semicircular no esquerdo.

A Capela Maior ampliouse en 1910, e foi restaurada en 1995  có fin de limpar e deixar a pedra dos seus muros a vista. A súa fachada presenta unha porta con arco apuntado e tímpano,e unha espadana.

O pavimento cubriuse con baldosas e as paredes levan protección a base de listóns de madeira. No seu interior, preside un retablo barroco do século XVIII con Santiago Peregrino, San Xosé  e San Blas.

Nos laterais, hai outros dous retablos, un moderno con Inmaculada, Fátima e San Antonio que ten  columnas salomónicas que proceden dun antigo retablo de os Vilares, e outro tamén actual presidido pola Dolorosa.  

Destaca tamén o cruceiro que hai no atrio da igrexa. Ademais da Igrexa Parroquial en Trasparga hai varias Capelas como por exemplo “A Capela de San Xusto”  no barrio de Cal, e A Capela de San Xosé no barrio de Vilanova.

En Trasparga o igual que no resto do concello abundan as fontes como a “Fonte  de Requeixada e do Francés" en Prado, a "Fonte da Veiga do vento  e da Renla" en Vilanova,  "a Veiga de Aurelio" en Pasarín.

As festas patronais de Trasparga son na honra a Santiago  o 24 e 25 de xullo.