O servizo de axuda no fogar ten a consideración de prestación básica de Servizos Sociais de atención primaria, inserta nun sistema integrado de Servizos Sociais, de carácter complementario e transitorio, que non exime á familia de responsabilidades. O servizo que conta con planificación, coordinación e control públicos, ofrece un conxunto de atencións dende unha perspectiva integral e normalizadora dentro do propio domicilio con carácter preventivo, educativo e rehabilitador, e préstase a través de persoal especializado.

DOCUMENTACIÓN A APORTAR PARA SOLICITAR O SERVIZO

  • Solicitude segundo modelo (Anexo I)
  • Fotocopia do DNI, pasaporte, tarxeta de residencia do solicitante e familiares cos que conviva
  • Tarxeta da Seguridade Social
  • Certificado de empadroamento e convivencia
  • Informes médicos segundo o modelo que se facilitará nas dependencias de Servizos Sociais (Anexo IV)
  • Xustificantes de ingresos da unidade de convivencia ou da persoa solicitante do servicio  declaración da renda ou certificado de imputacións, xustificantes de pensións, prestación ou rendas de traballo (INEM, INSS, nómina, etc) alugueres, certificados de rendementos do capital mobiliario,
  • Contrato de aluguer
  • Calquera outro documento que se considere necesario para a baremación da solicitude.

Descarga a solicitude