O Sistema de Calidade Turística en Destinos (SICTED) é un proxecto auspiciado pola Secretaria Xeral de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias, integrado nun marco de actuacións do Plan Integral do Turismo Español (PICTE) dirixido ás organizacións e institucións, tanto públicas como mixtas dos municipios.

A idea xorde ante a necesidade de dotar ós destinos turísticos de mecanismos que permitan dirixir e aunar esforzos cara un obxectivo común: a mellora da calidade dos servizos que se ofrecen nun mesmo destino e alcanzar un nivel de calidade homoxéneo (de nada sirve que te traten moi ben nun establecemento se no resto fano mal, deben traballar todos conxuntamente e dun xeito integrado en pro da calidade e que repercuta na satisfacción do cliente).

O SICTED en Guitiriz

O Concello de Guitiriz comeza a traballar no Sicted no ano 2005, sofre un paron de ano e medio por motivos alleos a xestión municipal e retomase en maio de 2007. Dende entón as empresas participantes seguen traballando por acadar os niveis maximos de calidade e ofertar aos seus clientes o mellor servizo. Na actualidade participan no programa 9 entidades de diferentes sectores, tanto públicos como privados, e son os seguintes:

  1. Oficina Municipal de Turismo
  2. Policia Local
  3. Panadería La Esquina
  4. Panadería David
  5. Fotografía Kantero
  6. Bar Xoldra
  7. Tapería O Korreo
  8. Bar Cit
  9. Restaurante La Casilla