Voluntariado

O traballo do voluntariado é fundamental para a sociedade, xa que contribúe o benestar da mesma. Os voluntarios son todas aquelas persoas que serven a unha comunidade por decisión propia e libre, e que non cobran polo seu traballo. Son varias as motivacións que animan a xente a facerse voluntario como son:
 
  • Altruísmo: O beneficio doutro sen recibir ningunha gratificación económica por elo.
  • Solidariedade: Trabállase non só para outros senón con outros, sentindo seus problemas como propios, igual cás accións para solucionalos e os beneficios así obtidos.
  • Calidade de vida: Axudar a outros fai sentirse ben os voluntarios.
  • Devolución de favores recibidos: Persoas que se beneficiaron do traballo voluntario de outros devolven o recibido a sociedade.
  • Conviccións relixiosas: A fe move os voluntarios crentes.
  • Aumentar posibilidades de traballo: Moitos empresarios valoran o traballo voluntario por iniciativa, responsabilidade, etc dos que o realizan. O voluntariado é especialmente útil para encontrar traballo no campo social.
  • Aumentar as relacións sociais: A través do voluntariado se soe coñecer a moita xente. Ademais os voluntarios que se adican a un mesmo fin solen ter intereses comúns.
O voluntariado pode se de dous tipos: 
  • Voluntariado formal (realizado dentro de organizacións non lucrativas).
  • Informal( os voluntarios actúan individualmente ou en grupos non rexistrados).
As condicións que deber ter o traballo voluntario son :
 
  • Ser desinteresado: O voluntario non persegue ningún tipo de beneficio nin gratificación pola súa axuda.
  • Ser intencionado: Persigue un fin e un obxectivo positivo (buscar un a una mellor situación de outra persoa ou situación) e lexÍtimo (o voluntario goza de capacidade suficiente para realizar a axuda e de certo consentimento por parte do outro que permite que lle axude).
  • Esta xustificado: É dicir, que responde a unha necesidade real do beneficiario/a. Non é un pasatempo nin un entretemento sen máis, senón que persigue a satisfacción dunha necesidade que definimos previamente como tal. Xeralmente busca o beneficio do outro a través dun esforzo persoal, movido por algo, buscando como dicimos un fin xustificado.
  • O Voluntariado complementa a labor da administración pública e dos profesionais da acción social, pero nunca os debería sustituír nin suplantar.
O Concello de Guitiriz posúe unha rede de voluntariado e un amplo campo onde traballar como son:
  • Tarefas medioambientais.
  • Acompañamento de maiores.
  • Colaboración en tarefas cultarais e socio educativas.
  • O baile domincal dos maiores.
  • E un longo etc

Se queres formar parte do voluntariado do Concello, podes facelo chamando o 982 370 109 ou ben cubrindo a ficha adxunta é enviala a info@concellodeguitiriz.com

DESCARGAR A FICHA DE INSCRIPCIÓN